Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2008 o escritor nado en Tui (Pontevedra) Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985). A Real Academia Galega basou a súa decisión de homenaxear a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura".

Entre a súa obra destaca "Os ruíns" (1936) e "A pega rabilongo e outras historias de tesouros" (1971), no xénero de narativa infantil. Na lírica, xénero onde e máis coñecido, e de resaltar "Poemas de ti e de min" (1949), "Roseira do teu mencer" (1950), "Cancioneiro de Monfero" (1953), "Romance do pescador peleriño" (1954) e "Canle segredo" (1976). Como ensaista publicou "Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX" (1959) e "Escolma da poesía medieval" (1976) entre outros.

No ano 1945 o escritor publicou unha novela en castelán "En el pueblo hay caras nuevas", coa que foi finalista do Premio Nadal.

Ademais de escritor, Álvarez Blázquez destacou polo seu labor no . En 1950, xunto con Luis Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey. No ano 1962 ingresa na Real e en 1964 funda xunto cós seus irmáns Emilio e Álvaro Edicións Castrelos.

Etiquetas: , , ,

Entradas relacionadas