Galite organiza unha xornada de Software Libre en Foz

cartelcursodrupalGalite, o Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía, organiza o vindeiro 21 de marzo unha xornada sobre software libre no Concello de Foz. O encontro terá lugar na Casa da Xuventude da vila e estará aberta á participación de calquera persoa interesada en iniciarse ou afondar no coñecemento das tecnoloxías e os estándares abertos.

A xornada iniciarase ás 12:00 horas coa presentación do Galinux, o sistema operativo libre e en galego promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e enmarcada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010).

A continuación impartirase un obradoiro titulado “Introdución a Drupal”, no que se abordará a instalación deste sistema de xestión de contidos (CMS), así como a súa configuración para a creación dunha web particular, empresarial ou unha comunidade online.

Un comentario sobre “Galite organiza unha xornada de Software Libre en Foz”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *