Galite, o Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía, organiza o vindeiro 21 de marzo unha xornada sobre software libre no Concello de Foz. O encontro terá lugar na Casa da Xuventude da vila e estará aberta á participación de calquera persoa interesada en iniciarse ou afondar no coñecemento das tecnoloxías e os estándares abertos.
A xornada iniciarase ás 12:00 horas coa presentación do Galinux, o sistema operativo libre e en galego promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e enmarcada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010).
A continuación impartirase un obradoiro titulado «Introdución a Drupal», no que se abordará a instalación deste sistema de xestión de contidos (CMS), así como a súa configuración para a creación dunha web particular, empresarial ou unha comunidade online.
Les invito a visitar mi sitio
http://www.info-sistemas.net el cual es un proyecto independiente, cooperativo y abierto. El que tiene como mision implementar un repositorio de recursos de tecnologías de la comunicación, educación e información.
Atentamente,
http://www.info-sistemas.net