2.0 A nova ágora galega

O vindeiro 17 de maio celébrase de xeito conxunto en Galicia o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e o Día das Letras Galegas. Entre os numerosos actos que se celebran con motivo destas celebración atópase « 2.0 A nova ágora galega«, unha xornada que se celebra na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Estará adicada as redes sociais e a tecnoloxía web 2.0 en xeral.

A xornada celebrarase o mércores 14 de maio de 2008, e contará entre os ponentes con Helena Veiguela (Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia), Javier Franco Tubío (Director da Área TIC da Universidade de Santiago de Compostela), Víctor Manuel Carneiro (Adxunto ao Vicerreitor de Calidade e Novas Tecnoloxías da Universidade da Coruña), Anxo Manuel Sánchez (Vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo), Xurxo Cegarra (Wireless Galicia), Susana Álvarez (Redegal), Manuel Pacior (Ilumax Software), Jordi Mas (OpenBravo), Daniel Seijo (Weblogssl, coordinador de motorpasion.com), Berto Yáñez (Chuza!), Javier Martín (Loogic.com), Álvaro Ibáñez, «Alvy» (Microsiervos), Daniel Martí (comunisfera.blogspot.com), Francesc Balagué (blocdeblocs.net), Tíscar Lara (tiscar.com), Rubén Ruibal (escritor, Premio Nacional de Literatura Dramática 2007), Xerardo Méndez (escritor) e Manuel Bragado (director xeral de Edicións Xerais de Galicia).